Día Mundial do Alzheimer

Numerosas organizacións celebran hoxe o Día Mundial do Alzheimer, unha data que se estableceu coa intención de levar a cabo actos e programas informativos sobre esta enfermidade e outras demencias, para concienciar e sensibilizar a sociedade. A esta enfermidade coñéceselle como a epidemia do século XXI, porque só en España máis de 600.000 persoas a sofren, e algúns expertos prognostican que para 2025 serán máis de 1.600.000 as que a padezan. Aínda que en 2007 nacía en España a Lei da Dependencia, existe escaseza de recursos para atender estas persoas. De feito, o 80 % dos enfermos de Alzheimer son atendidos por familiares ou por coidadores que carecen da formación necesaria para atender adecuadamente estas persoas. Esta efeméride foi establecida pola Asociación Internacional do Alzheimer, co refrendo oficial da Organización Mundial da Saúde.