Discaempleo, o portal especializado na xestión do emprego para persoas con discapacidade

Discaempleo, o portal especializado na xestión do emprego para persoas con discapacidade

Imaxe de distintos tipos de traballadores A taxa de desemprego da poboación con discapacidade sitúase por riba do 33 %, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa e da Base Estatal de Persoas con Discapacidade. Estas cifras están condicionadas en ocasións polas dificultades que ten a maioría das empresas para atopar e seleccionar o perfil que necesitan. Os profesionais dos recursos humanos, cando inician un proceso de selección de persoas con discapacidade, necesitan a mesma rapidez de resposta ca en calquera outra procura, un obxectivo que non sempre se consegue cando se recorre aos servizos de intermediación laboral. Ante esta realidade, a Fundación Alares, que desde a súa creación sempre defendeu a idea de ofrecer oportunidades laborais reais adaptadas, nas que se potencien en positivo as características de cada persoa, dispón do portal Discaempleo, que pon en contacto directo as persoas con discapacidade coas empresas que buscan candidatos para as súas vacantes. Deste xeito, incide directamente na rapidez de resposta que precisan os responsables da selección, xa que contan cun lugar exclusivo onde buscar os mellores profesionais. Discaempleo pretende ser o punto de referencia para as persoas con discapacidade que queren formar parte do mundo profesional e, por suposto, para as empresas que apostan pola integración destas persoas no seu cadro de persoal. O obxectivo é acurtar o longo proceso de selección e facelo o máis efectivo posible. Para iso, o portal, en base a uns parámetros, realiza unha criba curricular e proporciona á empresa os perfís que mellor se axustan á oferta que publicou. Por este motivo, Discaempleo preséntase como unha oportunidade para as organizacións que necesitan atopar o candidato que precisan, potenciando a igualdade de oportunidades no emprego. Ao mesmo tempo, Discaempleo ofrece ás persoas con discapacidade que buscan emprego un contorno web, un espazo moi desenvolvido e adaptado a cada necesidade, coa posibilidade de acceder a unha ampla oferta que ten en conta a súa diversidade.   - Visita Discaempleo