"Discapacidade e Dereitos Humanos. Informe España 2009"

Este informe, realizado polo Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI), inclúe denuncias pola vulneración dos dereitos do colectivo de persoas con discapacidade de España. Por iso, esta organización decidiu presentar este documento, xunto con outro informe elaborado en 2008, ante o Comité de Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas, órgano encargado de velar polo cumprimento dos Estados parte da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Desde o CERMI, lamentan que, aínda que España foi un dos países que ratificou a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aínda se seguen producindo situacións de discriminación por falta de accesibilidade en contornos e servizos ou pola inexistencia de mecanismos legais que restablezan de maneira eficaz e rápida os dereitos vulnerados. Pero non todo é negativo neste informe, xa que tamén recolle os avances e as boas prácticas que se conseguiron en materia de discapacidade durante o ano pasado.