Edición 2008 dos Premios Nacionais Alares

Estimado amigo/a: Compráceme invitalo ao acto de entrega dos «PREMIOS NACIONAIS Alares® EDICIÓN 2008,», os premios máis importantes que se entregan a nivel nacional no ámbito da conciliación da vida laboral, familiar e persoal, creados co obxectivo de recoñecer o labor que, neste campo, realizaron institucións, empresas, axentes sociais, directivos, medios de comunicación, programas audiovisuais, iniciativas de innovación e ensaio, universidades, escolas de negocios, profesores e investigadores. O acto, que estará presidido pola Excma. Sra. Bibiana Aído, ministra de Igualdade, permitirá coñecer de primeira man as experiencias premiadas e terá lugar o día 1 de xullo no Teatro Amaya (Pº General Martínez Campos, 9, 28006 Madrid), ás 19:00 horas. Adxúntolle unha invitación tanto para que poida asistir vostede como para as persoas que considere da súa organización. Por motivos de limitación de aforo e seguridade, é imprescindible que confirme a súa asistencia o antes posible, a través do formulario que lle achegamos ou por correo electrónico: fundacion@alares.es Agardando saudalo persoalmente, reciba o meu máis afectuoso saúdo. Javier Benavente Barrón Presidente da Fundación Alares®