Os servizos de Alares para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral cos que contan os traballadores de EDP Renewables garanten unha maior calidade de vida para eles e a súa familia.
Estas solucións son xestionadas a través de Alares Social Centro Especial de Emprego (CEE), polo que, ademais de demostrar a implicación da compañía na mellora do benestar dos seus empregados, tamén manifesta un maior compromiso coa RSC, a través da súa aposta pola integración laboral das persoas con discapacidade.
Madrid, 3 de outubro. EDP Renewables (EDPR) é un exemplo de compromiso coa responsabilidade social. A compañía é unha das empresas líderes a nivel global no sector das enerxías renovables e o cuarto produtor mundial de enerxía eólica, con presenza en doce mercados. EDPR aposta pola conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos seus empregados. O seu enfoque estratéxico está claro: que todo o persoal e a familia deste dispoñan dunha serie de servizos asistenciais esenciais na súa vida diaria.
EDPR demostra unha vez máis o seu compromiso e implicación cos seus empregados, proporcionándolles as solucións necesarias de asistencia persoal e familiar que precisan, para que estean máis tranquilos e satisfeitos coa súa actividade profesional e persoal. Ademais, na maioría dos casos, estas solucións son a clave para mellorar o clima laboral e aumentar a produtividade. Para EDPR, "estas medidas permitirán aos empregados desenvolver o seu traballo e tempo de lecer co maior aproveitamento e tranquilidade, xa que a súa familia estará atendida en calquera momento en que o poida precisar".
Para iso confiaron nos servizos para a conciliación de Alares, tanto pola súa dilatada experiencia de máis de 15 anos como por ser a única compañía que garante a prestación directa destes servizos con persoal propio. Ademais, ao seren xestionados a través de Alares Social (CEE), os servizos permitirán á compañía aumentar a porcentaxe de cumprimento da Nova Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, en liña co que promove o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Servizos dos que pode gozar todo o persoal de EDPR e os seus familiares
Calquera empregado de EDPR, o seu cónxuxe ou parella de feito, os seus fillos menores de 30 anos, os seus pais e os seus sogros terán á súa disposición un asistente persoal para todo o que poidan precisar, como, por exemplo, solicitar que lle merquen os agasallos de Nadal, que lle busquen e reserven as vacacións, que lle localicen un fontaneiro ou que lle consigan unhas entradas para un concerto. Así mesmo, terán á súa disposición servizos como a selección dunha persoa que se encargue de atender os seus fillos e/ou pais ou solicitar os servizos de axuda persoal a domicilio por convalecencia dalgún deles, cun importante número de horas gratuítas de asistencia. Do mesmo xeito, terán tratamentos especializados a domicilio de fisioterapeutas, psicólogos, ATS, perruquería, telefarmacia, profesores, logopedas… que se encargarán de axudalos e coidalos. Ademais, estará dispoñible un servizo de consultas telefónicas gratuítas as 24 horas, os 365 días do ano, para que o empregado poida resolver calquera dúbida que teña cos profesionais de Alares, como médicos, psicólogos, expertos sociais, avogados, nutricionistas ou informáticos… e tamén terán a posibilidade dunha segunda opinión médica internacional con especialistas de recoñecido prestixio no mundo ante enfermidades graves propias ou dos seus familiares. Todo un mundo de servizos agora xa ao alcance de todo o persoal de EDPR.


