Zaragoza foi a cidade elixida para acoller o último cumio ministerial europeo no que se debateu sobre discapacidade, dependencia e envellecemento. E é que, como comentaba a comisaria de Xustiza, Dereitos Fundamentais e Cidadanía da UE, Viviane Reding, Europa estase a converter nun continente que envellece, e é deste envellecemento de onde procede en parte a discapacidade e a dependencia.
Nesta reunión, que tivo como propósito dar un paso máis para garantir a igualdade de dereitos das persoas con discapacidade, aprobouse unha iniciativa europea que elixirá cada ano a cidade máis accesible, como xesto de recoñecemento da posta en marcha de políticas que axuden a facerlles a vida máis doada ás persoas con discapacidade.
Será en Bruxelas o vindeiro mes de decembro cando se coñeza a cidade elixida como a mellor en materia de accesibilidade pola adaptación de edificios, espazos públicos, transportes e infraestruturas, información e comunicacións.
Tendo en conta que o 10 por cento dos cidadáns europeos teñen algún tipo de discapacidade, durante o encontro resaltouse a importancia dun cambio de mentalidade e estratexia arredor da discapacidade, así como de concienciar de que estas persoas están cualificadas para traballar. Pero ademais, anunciouse que a estratexia europea no ámbito da discapacidade se presentará o vindeiro mes de novembro e estará vixente durante os dez próximos anos.
Tamén se anunciou, como mostra da vontade de mellorar a situación das persoas con discapacidade, que o vindeiro mes de xuño comezarán as reformas lexislativas pertinentes para poñer en marcha a Convención Internacional das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
O 10 % dos cidadáns europeos teñen algún tipo de discapacidade