O 26 de xullo, felicita os teus avós!

O domingo 26 de xullo foi o Día dos Avós, unha escusa perfecta para chamar a ese avó ou esa avoa a quen nunca tes tempo de chamar. Aínda que se trata dunha data que adoita caer no esquecemento, ao ser menos coñecida ca o popular Día da Nai ou o Día do Pai, non por iso é menos importante. Durante a xornada, numerosos concellos, asociacións e grupos de maiores organizaron eventos dedicados ás persoas máis sabias de cada casa. Por iso non queriamos desaproveitar esta oportunidade para, en nome de todo Alares, felicitar todos os avós e avoas do mundo porque, sen eles, non gozariamos do máis esencial: a vida. Grazas e felicidades no Día dos Avós!