Así o demostran os datos dunha enquisa que, ademais, recolle que o 70% dos homes opina que tanto o permiso de maternidade como o de paternidade deberían ter carácter obrigatorio.
Na actualidade, o permiso de paternidade oscila entre os 13 e os 15 días, fronte ás 16 semanas coas que conta o permiso de maternidade. Ademais, este estudo revela que o 91% dos homes estaría disposto a coller o permiso de paternidade cando chegase o momento.
O 74% dos homes declara que quere coller o permiso de paternidade para compartir coa súa parella os primeiros momentos dos seus fillos, e un 23% porque desexa exercer os seus dereitos como pai. Só un 9% dos homes non estaría disposto a coller o permiso de paternidade porque, segundo declaran, son imprescindibles no seu posto de traballo.
Por outra banda, este informe tamén recolle que, de forma xeneralizada, os homes están dispostos a facerse cargo dos seus fillos, levalos ao pediatra ou atender outro tipo de emerxencias no ámbito familiar, sempre que a responsabilidade sexa compartida.
Dos enquisados, o 65% afirma que nas súas empresas están implantadas políticas de flexibilidade. Mentres que un 89% dos homes con fillos coñece cales son estas medidas, o 72% dos que non teñen fillos non sabe cales son.
O 70 % dos homes cre que os permisos de maternidade e paternidade deben durar o mesmo.