O Anuario Corresponsables consolidouse como unha publicación de referencia en materia de RSC

O pasado martes presentouse o Anuario Corresponsables 2010, que chega con ampla información e novidades sobre todos os grupos de interese, tribunas de altos directivos e as conclusións do II Desayuno Corresponsables. Este anuario, que vai xa pola súa quinta edición, consolídase como unha publicación de referencia en España en materia de responsabilidade social. Por iso, nesta última edición melloráronse os seus contidos para seren máis coherentes co enfoque multistakeholder da editorial. Ademais, este quinto anuario inclúe 40 fichas corporativas e máis de 300 casos de boas prácticas de empresas, todo coa intención, segundo aseguran desde Media Responsable, «de demostrar a corresponsabilidade que todos temos, non só as grandes empresas, para facer fronte aos grandes problemas da humanidade».