A Comunidade de Madrid adapta o contido dos exames á lingua de signos, xa que das 598 prazas convocadas, 383 aspirantes eran persoas con discapacidade, das cales seis eran xordas.
Esta é a primeira vez que un organismo público leva a cabo a adaptación lingüística destas probas, segundo asegura a Federación Nacional de Xordos de España.
En cada un dos exercicios dos que constan as probas, estivo presente un intérprete de lingua de signos, que realizou unha tradución lingüística de cada unha das preguntas. Polo tanto, o tempo estipulado para realizar o exame foi maior.
Co obxectivo de facilitar ao máximo a comprensión do exame, combináronse a linguaxe oral e a signada, e mesmo se utilizou a dactiloloxía para as palabras que non teñen un signo correspondente.
O Concello de Madrid adapta os seus exames de oposicións ás persoas xordas