O benestar dos empregados aumenta a competitividade empresarial

Segundo aseguran expertos en Responsabilidade Social Corporativa, as empresas europeas deberán ofrecer calidade de vida aos seus empregados se queren competir cos países emerxentes, porque a saúde do 35 por cento dos seus traballadores se ve afectada polo seu traballo diario. Isto foi polo menos o que se afirmou no II Foro Internacional da Cultura da Prevención no Lugar de Traballo celebrado en Gran Canaria. O cadro de persoal é a arma estratéxica da compañía que axuda ao seu desenvolvemento económico e, polo tanto, debe terse en conta. Para iso, os empregados deben estar integrados e valorados, o que sen dúbida repercutirá en beneficio da entidade. Por iso, o Grupo Alares® considera que a Responsabilidade Social Corporativa, que xera eficiencia e rendibilidade, debe comezar desde o ámbito interno da empresa. Investir no capital humano e ofrecerlles aos traballadores calidade de vida grazas á conciliación da súa vida laboral, familiar e persoal achegará valor á propia organización. Ademais, os expertos que acudiron a esta reunión aseguraron que o benestar dos empregados é un bo indicador do bo funcionamento da empresa.