
O 7 de xullo celébrase na Sala Europa da Comisión Europea o
Charter da Diversidade, co que se pretende mellorar e potenciar a convivencia laboral entre persoas de diferentes culturas e perfís. A través desta iniciativa, de marcado carácter europeo, as empresas asinantes comprométense a cumprir unha serie de principios básicos, entre os que cómpre destacar:
-
Sensibilizar: os principios de igualdade de oportunidades e de respecto á diversidade deben estar incluídos nos valores da empresa e ser difundidos entre o persoal.
-
Avanzar na construción dun cadro de persoal diverso: a empresa debe fomentar a integración de persoas con perfís diversos (independentemente do seu sexo, orientación sexual, raza, nacionalidade, procedencia étnica, relixión, crenzas, idade, discapacidade, etc.)
-
Promover a inclusión: a integración debe ser efectiva, evitando calquera tipo de discriminación (directa ou indirecta) no traballo.
-
Considerar a diversidade en todas as políticas de xestión das persoas: a xestión da diversidade non debe ser unha práctica máis dos recursos humanos, senón un factor transversal que estea na base de todas as decisións que se tomen nese ámbito.
O
Programa do Acto, despois do salto.