O Congreso pide un comité de discapacidade no Parlamento Europeo

Crear un comité de discapacidade no Parlamento Europeo é o que o Congreso pide ao Executivo, aproveitando que actualmente España ocupa a Presidencia da Unión Europea. Para iso, o Congreso dos Deputados aprobou unha declaración institucional, que se suma á proposta do Foro Europeo da Discapacidade e do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, que tamén manifestaron a importancia de crear un comité deste tipo. O obxectivo deste comité, segundo consta no texto redactado pola Comisión de Discapacidade, é garantir o exercicio pleno de todos os dereitos e liberdades fundamentais das persoas con discapacidade sen ningún tipo de discriminación. Ademais, a comisión aprobou unha proposición non de lei na que insta o Goberno a converter en costume, durante as quendas rotatorias da presidencia europea, a celebración dunha reunión informal dos ministros responsables da discapacidade, como a que acollerá Zaragoza o vindeiro mes de maio.