Actualmente, só unha de cada tres persoas novas con discapacidade traballa, o que demostra as baixas taxas de inserción laboral destas persoas. Por iso, o goberno está a elaborar o borrador dun decreto co fin de mellorar as taxas de desemprego que afectan a estas persoas novas.
Con este decreto coordinaranse mellor as tarefas dos servizos sociais e de emprego para aproveitar ao máximo a información da que dispoñen e axustar as ofertas de traballo ás demandas existentes.
Así o explicou Francisco Moza, secretario xeral de Política Social e Consumo, na xornada parlamentaria sobre emprego e discapacidade, quen ademais salientou que xa se está a rematar a adaptación do primeiro bloque de leis á Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
A esta xornada tamén acudiu Maravillas Rojo, secretaria xeral de emprego, quen instou as entidades públicas e privadas, así como as distintas administracións, a mellorar o acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade.
O Executivo prepara un decreto para mellorar o emprego das persoas con discapacidade