Nun escenario complicado, no que a fidelización de clientes é unha prioridade para as aseguradoras, cómpre apostar por un produto diferente e orixinal, capaz de captar a atención do cliente desde o primeiro momento. Por iso, para que calquera persoa poida saír gozar co seu coche sen preocuparse polas multas e, o máis importante, polos accidentes por exceso de alcol, nace AlaresTeLleva. Un compañeiro na estrada que acode cando máis se necesita.
O éxito está en que se pode ofrecer ao asegurado un servizo que vai máis alá da cobertura clásica. AlaresTeLleva é a mellor mostra de que a innovación é a clave para reter e atraer novos clientes, e de que as pólizas de automóbil necesitan adaptarse urxentemente ás necesidades actuais das persoas. Atención, clientes, porque xa tedes a solución para evitar coller o voso vehículo en momentos de indispoñibilidade ou exceso de alcol.
AlaresTeLleva é diferente, innovador e indispensable para calquera condutor que lle pide máis á súa compañía de seguros. Ademais, é fácil de utilizar, porque o titular só ten que chamar e rapidamente dispón de dous condutores que se desprazarán nun vehículo da compañía ata o lugar onde se atope. Unha vez localizado, AlaresTeLleva faise cargo da situación e trasládao ata onde nos indique. Un condutor de urxencia incluído na póliza de automóbil, perfecto para evitar situacións de risco, multas e, por suposto, momentos desagradables. Unha fórmula perfecta para fidelizar o cliente para sempre.
Agora cómpre ofrecer servizos orixinais para que o cliente se sinta único e relacione a súa póliza de automóbil coa seguridade, a tranquilidade e, por que non, cun servizo para gozar do tempo libre. De aí que o novo servizo AlaresTeLleva sexa o que necesitan as persoas que buscan un seguro de automóbil diferente e atractivo. É máis, as aseguradoras deben ver nos servizos que repercuten directamente na vida do cliente unha vía para diferenciarse da competencia. Deste xeito, con coberturas nas que a persoa sexa máis protagonista, as pólizas de automóbil poderán chegar moito mellor ao consumidor.
Máis información en: Grupo Alares


