O Ministerio de Educación incluirá cláusulas sociais nas licitacións do departamento en favor das persoas con discapacidade

En virtude deste acordo, o Ministerio que dirixe Ángel Gabilondo incorporará de oficio cláusulas sociais favorables ás persoas con discapacidade en aspectos como a inclusión laboral e a accesibilidade universal, de acordo coas posibilidades que permite a actual Lei de contratos do sector público. Deste xeito, segundo informou o Cermi, Educación será un dos primeiros ministerios, tras Defensa e Fomento, en apostar pola dimensión social da contratación pública, indo máis alá dos mínimos que establece a lexislación vixente. O convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e o Cermi será asinado o vindeiro 16 de febreiro polo ministro Ángel Gabilondo e o presidente da entidade da discapacidade, Luis Cayo Pérez Bueno. O Cermi fixo un chamamento a todas as Administracións Públicas «para reforzar a dimensión social da contratación pública, sobre todo nun momento coma este de crise e reducións orzamentarias, pois unha política de compras públicas ben orientada favorece a inclusión social de grupos cidadáns como o das persoas con discapacidade».