O ordenador ao alcance de todos
Como xa sabemos, as novas tecnoloxías non están ao alcance de todo o mundo. Acceder a unha web ou manexar un ordenador resulta imposible para algunhas persoas. Non obstante, pouco a pouco van xurdindo ferramentas para facilitar estas prácticas ás persoas con discapacidade. A partir de agora, as persoas con parálise cerebral poderán utilizar o rato do ordenador con tan só mover o iris do ollo. O proxecto chámase Ediris e está financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
O sistema consiste nunha cámara de vídeo, con iluminación infravermella, e unha unidade de control, a través das cales se poden utilizar programas de aprendizaxe da lectura e da escritura, o contorno de Windows, compoñer frases para enviar correos electrónicos, acceder a Internet, xogar...
En Alares cremos que estes avances son realmente importantes e necesarios para unha sociedade que cada vez ve máis como o colectivo de persoas con discapacidade participa na vida diaria.


