O Parlamento accesible para todos
As persoas con discapacidade auditiva poderán acceder á comparecencia que o presidente do Goberno ofrecerá hoxe ás 16:45 h no Congreso. Tres intérpretes traducirán á lingua de signos española as declaracións de José Luis Zapatero.
Tanto na súa retransmisión a través da televisión pública como na canle que o Congreso ten en Internet www.congreso.es, incluirase na pantalla a xanela para o intérprete, que permitirá a tradución simultánea de toda a comparecencia á lingua de signos española. Ademais, a emisión contará con subtitulado en Televisión Española.
En Alares apostamos por iniciativas como esta, grazas ás cales as persoas con discapacidade poden participar na vida política, un aspecto que, sen dúbida, inflúe en gran medida na súa calidade de vida.


