O Polo Sur ao alcance das persoas con discapacidade

"Rumbo ao Polo Sur sen Barreiras" é a expedición que tratará de demostrar ao mundo a capacidade de superación e forza de vontade das persoas con discapacidade. Tres exploradores españois con discapacidade parten hoxe rumbo a Chile, desde onde comezará a expedición ata o Polo Sur. 250 quilómetros sobre a Antártida, a menos de 40 graos e con ventos de máis de 300 quilómetros por hora serán as condicións que terán que soportar durante a aventura. Os protagonistas do fito son o biólogo Xavier Valbuena, de 44 anos, que perdeu unha perna nun accidente de moto; Jesús Noriega, representante dunha multinacional alemá, de 34 anos, ao que lle falta unha man de nacemento; e o técnico deportivo Eric Villalón, de 35 anos, que só ten unha capacidade visual dun 5%. Xunto cos guías Ramón Larramendi e Ignacio Oficialdegui compoñen a expedición "Polo Sur sen límites". O reto non só será deportivo, senón que demostrará á sociedade a valentía e superación persoal das persoas con discapacidade, nun mundo no que as barreiras aínda seguen dando guerra.