O Programa de Alares, entidade Experta en Asistencia Familiar para a Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal, alcanzou os 600.000 beneficiarios: 600.000 persoas que teñen dereito a utilizar gratuitamente os Servizos de Alares®, o que segue consolidando Alares® como a organización número 1 na xeración e prestación de servizos asistenciais non cubertos polo Estado para grandes colectivos, co obxectivo de promover a integración laboral e a igualdade de oportunidades, mellorando, mediante a súa aplicación por parte das empresas, a produtividade e a competitividade e, en xeral, a calidade de vida das persoas.
Co Programa de Asistencia Familiar Alares® para a Conciliación entramos de cheo na solución do principal problema que a orixina: a necesidade de atender e coidar a familia cando xorde algún imprevisto ou urxencia. Isto provoca que moitas mulleres non poidan integrarse no mercado laboral ou desenvolver a súa carreira profesional e, por outra banda, é a orixe de máis do 50 % do absentismo que se produce nas empresas (segundo distintos estudos).
Este programa para a Conciliación ofrece todo un mundo de servizos para coidar os empregados e os seus familiares directos (pais, cónxuxe e fillos), de calquera organización, estean onde estean e en calquera lugar da xeografía española. Entre os servizos incluídos neste programa atópanse os seguintes, dos que os empregados poden dispoñer gratuitamente cando eles ou algún dos seus familiares os precisen ante esas urxencias ou imprevistos do día a día:
- Axuda persoal a domicilio
- Tratamentos especializados a domicilio
- Profesores particulares a domicilio
- Segunda opinión médica internacional ante enfermidades graves, tanto sobre o diagnóstico como sobre o tratamento
- Consultas telefónicas cos especialistas de Alares®, anónimas e ilimitadas, nas seguintes áreas: médica, xurídica, psicolóxica, xeriátrica, pediátrica, social e dietético-nutricional.
- Teleasistencia social preventiva e asistencial 24 horas, fixa (no fogar) e móbil (en calquera lugar)
- Selección de persoal de asistencia sociosanitaria, de servizo doméstico, de coidado de nenos e de coidado xeriátrico.
- “Canguros”: acompañamento de nenos ante imprevistos laborais.
- Cadro médico sanitario, dental e de benestar e beleza, concertado e baremado.
- Xestión de reparacións e diversos oficios: fontaneiros, electricistas,…
- Servizo xeral “miAsistente” para realizar calquera xestión que o empregado precise durante o seu horario laboral (xestoría, ITV, reservas de restaurantes, etc., calquera tipo de xestión.
A atención e o coidado dos familiares do empregado ante os imprevistos que se presentan no día a día (períodos postoperatorios, persoas enfermas, embarazos de risco, nenos sos polos horarios laborais dos pais, persoas maiores, etc.) estanse convertendo nunha cuestión prioritaria que cómpre resolver en calquera organización que pretenda contar cos mellores profesionais e retelos, sexan do sexo que sexan. Por iso, é cada vez máis urxente desenvolver programas de conciliación efectivos que permitan que tanto o home como a muller satisfagan as súas aspiracións profesionais e persoais sen desatender a familia, xa que esta require as mesmas atencións de sempre, ou mesmo máis.
Por outra banda, son moitos os beneficios que a empresa obtén ao implantar o Programa de Conciliación de Alares®, como a redución do absentismo, o aumento da produtividade, a atracción e fidelización dos traballadores, a mellora do clima laboral e o aumento do atractivo laboral da empresa, mellorando a súa imaxe tanto interna como externa. Ademais, sitúase dentro do marco legal xerado pola recente Lei orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Na actualidade, as nosas empresas clientes son tanto grandes empresas como pemes; todas consideran que a atención aos empregados é clave para o seu desenvolvemento futuro e o seu posicionamento estratéxico. Entre estas empresas clientes que introduciron os servizos de Alares® para os seus empregados atópanse: ENAGAS, PSA PEUGEOT CITRÖEN, ADECCO, ACCOR SERVICES, ARBORA & AUSONIA, ALTA GESTIÓN, CBS OUTDOOR, KIABI, T-SYSTEMS,…, etc., entre outras,
Un dos valores engadidos que proporciona Alares® na xestión do seu Programa de Asistencia Familiar foi e é a prestación dos Servizos de Asistencia Persoal exclusivamente a través dos seus propios profesionais en calquera lugar do territorio nacional, por afastado que estea, o que garante o control total dos procesos e a súa calidade a nivel nacional.
O Programa de Asistencia Familiar de Alares® conta co galardón “Premios IMSERSO Infanta Cristina, 2004”, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, como mellor Programa de Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral, así como polo seu carácter innovador na atención ás persoas dependentes.
O sistema de xestión está baseado e orientado cara aos procesos propios establecidos por Alares®, auditados por AENOR e avalados pola certificación UNE-EN ISO 9001/2000.
Ademais, Alares® conta coa certificación “efr” de empresa familiarmente responsable, na categoría de Grandes Empresas, outorgada pola Fundación +Familia.


