Desilusións, atrancos e obstáculos é o que Brenda Toro atopou á hora de emprender o seu negocio. Ela sempre tivo espírito emprendedor, pero ás veces as ganas non son suficientes. A través de Emprende+Mujer, Brenda Toro coñeceu o programa EmprendEX. Decontado viu o fío de luz que necesitaba: «Un programa de apoio absoluto, sobre todo pola parte solidaria». Brenda tiña clara a súa idea de negocio, pero necesitaba ese pulo e axuda, non só na parte económica, senón tamén no ámbito técnico e formativo, así como un acompañamento especializado nos primeiros anos de andaina empresarial que garantise a viabilidade do seu negocio.
Aínda que Brenda é unha muller formada, ao igual que o seu marido, a situación de ambos nunca foi estable, sen pasar de traballos puntuais, a maior parte desenvolvidos na economía mergullada.
O negocio que Brenda, beneficiaria de EmprendEX, vai emprender foxe dos custos fixos que implica, por exemplo, o mantemento dun local. Ademais, esta modalidade de traballo desde a casa permítelle dedicar máis tempo á súa pequena, polo que a conciliación tamén é máis doada.
Trátase dunha tenda en liña de roupa de segunda man para nenos e nenas de entre 0 e 5 anos, onde se poderá adquirir roupa, zapatos e complementos, todo iso tras pasar por un exhaustivo control de calidade.
En palabras de Brenda: «Os nenos medran moi rápido, a roupa apenas se usa e é unha mágoa, porque queda case nova». É unha idea que beneficia a sociedade, contribúe ao medio ambiente e permite non só comprar máis barato que nunha tenda de roupa nova, senón tamén vender aquilo que xa non se usa. «Ademais, é un negocio no que imos participar toda a familia de maneira activa; a nosa filla pequena, de 3 anos, pousará como modelo para as fotografías».
O proceso tanto de compra como de venda require un trámite sinxelo. Só hai que rexistrarse facilmente na súa web, que estará operativa a finais do mes que vén. Ademais, calquera persoa que queira pode doar a roupa.
Para Brenda, «EmprendEX é unha gran iniciativa e o que necesita a sociedade». «Desde a Fundación Alares fixéronme un estudo real sobre a viabilidade do meu proxecto e, o máis importante, déronme un selo de confianza». «Non teño palabras para definir o que sentín cando me dixeron que era beneficiaria do programa; hai cousas que non se poden explicar, e esta é unha delas».
EmprendEX: Unha saída