Unha empresa feliz. Cada 20 de marzo conmemórase o Día Internacional da Felicidade. Con motivo diso, quixemos dedicarlle unhas liñas a falar sobre a felicidade e animarvos a reflexionar sobre ela, así como coñecer a relación que existe entre a felicidade e o traballo.
Pódese medir algo tan abstracto como a felicidade? Cambia o significado da felicidade ao longo do tempo? Que é o que realmente nos fai felices? Somos felices no traballo, coa familia, facendo deporte?
Se buscamos que é a felicidade, podemos atopar diferentes definicións.
Por exemplo, que é un estado de ánimo da persoa que se sente plenamente satisfeita por gozar do que desexa ou por desfrutar de algo bo ou que a felicidade é un estado emocional que se produce na persoa cando cre ter alcanzado unha meta desexada.
Para cada persoa, a felicidade significa algo diferente. Cada quen pode asociala con algo determinado. Coa familia, coa saúde, cun novo emprego, cunha relación de parella, con conseguir ascender no traballo…etc.
Pero, pode unha empresa ser unha empresa feliz?
Si. Unha empresa fánna as persoas que traballan nela. Se os teus empregados/as son felices, esa felicidade contaxiarase na empresa. Terás, polo tanto, unha empresa feliz. Pero, como o conseguimos?
Cando se quere conseguir unha maior innovación, creatividade, rendibilidade, eficiencia e produtividade, sempre se tende a pensar que o conseguiremos con maquinaria, instalacións ou tecnoloxía, entre outros. E, en efecto, todo iso axuda, pero non é o que nos vai dar os resultados que esperamos nin o que nos vai diferenciar do resto.
Todas as persoas pasamos traballando un terzo da nosa vida e, á súa vez, un terzo das horas do día. Que ese tempo sexa 100 % produtivo depende de como coidemos os traballadores.
Se unha organización pensa que, só mellorando o material e os equipos da empresa, conseguirá liderar no mercado, está completamente equivocada.
Unha empresa eficiente depende do seu activo máis importante: as persoas.
Detrás desas persoas existen familias, soños, ideas, sentimentos e aspiracións. Polo tanto, a empresa ten unha responsabilidade social con aqueles que invisten unha terceira parte do seu tempo vital en facer medrar a organización. Os empregados/as tamén teñen dereito a medrar con ela.
Na empresa, é vital crear un contorno onde o traballador poida desenvolverse, onde se lle escoite, onde se dea resposta ás súas necesidades. Onde se coide del.
Para saber que é o que fai felices os traballadores, o primeiro que hai que facer é saber cales son as súas necesidades e darlles resposta. Saber que lles preocupa, cales son os seus medos.
Noutros posts xa mencionamos como as novas xeracións lles demandan cada vez máis ás empresas algo que vai máis alá dunha retribución económica. Demandan compromiso. Con eles e cos seus.
O salario emocional cada vez cobra máis forza e vai da man da felicidade. Non se poden separar e as empresas deben tomar conciencia diso. O diñeiro xa non é a única baza para conseguir que un empregado sexa feliz e quede connosco. O diñeiro non pode aliviar unha preocupación mentres estamos traballando nin un malestar. Como todos sabemos, hai cousas que sinxelamente non se poden mercar, e a felicidade é unha delas.
E ti, es feliz no teu traballo?
Unha empresa feliz