En 2013, traballa mellor

Despois de varios anos difíciles para moitas empresas, xa é hora de medrar. A fórmula que máis e mellor funciona é potenciar ao máximo a capacidade do capital humano co que conta. Por iso, se queremos que a nosa organización sexa competitiva e produtiva, dependerá en gran medida da motivación dos empregados. E que recurso podemos utilizar para motivar o capital humano dunha organización sen ter que facer grandes investimentos? A resposta que máis nos gusta é: conciliación da vida laboral e familiar.

A cuestión non é traballar máis, senón facelo mellor. E isto só é posible cando a persoa ten a súa vida persoal cuberta e pode gozar dela. Por iso, a conciliación é imprescindible para as organizacións que non poden facer grandes investimentos en materia de RR. HH., pero que, porén, están decididas a mellorar a retribución dos seus empregados. É máis, diso depende que os mellores profesionais queiran medrar nunha organización, porque eles si valoran que a súa familia e a súa vida privada conten con beneficios para facilitar o día a día.

Así que, se conseguimos que os empregados dunha organización estean motivados, o resultado do seu traballo vai medrar ao 100 %. É máis, apostar pola conciliación da vida laboral e persoal dos RR. HH. potencia o crecemento, a produtividade e a competitividade dunha organización.

Máis información en: Alares Human Services