2010 foi o ano elixido para poñer en marcha o Instituto de Análise Estratéxica de Fundacións, unha iniciativa que parte da AEF e que ten como obxectivo dar a coñecer a nivel estatal e europeo o sector fundacional español, para reforzar así o seu labor coa sociedade.
Este organismo nace polo importante incremento nos últimos anos do número e da diversidade das fundacións en España. A través deste instituto estudaranse o número de fundacións que existen actualmente en España, o perfil dos fundadores destas institucións, cales son os principais beneficiarios destas fundacións ou como se distribúen xeograficamente.
A longo prazo, o INAEF realizará tamén unha análise explicativa a partir dos datos obtidos no primeiro informe descritivo, coa intención de observar como evoluciona o sector, cales son as tendencias no ámbito fundacional ou como percibe a sociedade española o labor das fundacións.
O labor deste instituto mediante estas análises servirá para ofrecer unha imaxe positiva e fiel das fundacións ante a sociedade, o que repercutirá nunha maior eficacia e eficiencia do seu labor humanitario.
Xa está en marcha o Instituto de Análise Estratéxica de Fundacións