Entrega dos Premios Nacionais Alares edición 2008 á Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal

A Fundación Alares celebrou a entrega dos Premios Nacionais Alares® 2008, os premios máis importantes que se conceden a nivel nacional no eido da Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal, creados co obxectivo de recoñecer o labor que, neste campo, realizaron institucións, empresas, axentes sociais, medios de comunicación, programas audiovisuais, iniciativas de innovación e ensaio, universidades, escolas de negocios e profesores e investigadores. Os premios foron entregados pola Sra. Maravillas Rojo Torrecilla, secretaria xeral de Emprego, e o Sr. Javier Benavente Barrón, presidente da Fundación Alares®, acompañados polos membros do padroado da Fundación. Nesta edición, de acordo co fallo do xurado realizado o 27 de maio e recollido en acta, os galardóns recaeron en:
  • Institucións: Consellería de Familia e Igualdade de Oportunidades da Junta de Castilla y León
  • Empresas
  • Pequena: Accor Services
  • Mediana: Ex aequo “Contratas y Obras” e “Informa”
  • Gran empresa: Procter and Gamble
  • Axentes sociais: Fundación ONCE
  • Directivos: Cristina Mendía (Caja Navarra)
  • Profesionais dos medios de comunicación: José Mª Alías Martín
  • Medios de comunicación: Cinco Días
  • Información ou programas en medios audiovisuais: película La Soledad
  • Innovación e ensaio: Gerardo Meil
  • Universidades, escolas de negocios, outras institucións educativas e de investigación: ESADE
  • Profesores e investigadores: Mª Jesús Valdemoros
Convocados pola Fundación Alares® a nivel nacional, estes premios teñen unha periodicidade anual e creáronse para recoñecer publicamente o labor que realizan diferentes institucións, empresas, axentes sociais, directivos e medios de comunicación a prol da Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal, así como do desenvolvemento de propostas e servizos que contribúan á Igualdade, á Autonomía Persoal, á mellora da calidade de vida das persoas e das súas familias e, paralelamente, á mellora da produtividade e competitividade das empresas.