É necesario que a Responsabilidade Social forme parte da xestión estratéxica de calquera compañía

Foto_Familia_2014 • A VIII edición dos Premios Nacionais Alares á Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral e á Responsabilidade Social pon de relevo a evolución das empresas nestas materias. • Partindo desta evolución, desde a Fundación Alares convidouse todas as empresas a implantar programas que atendan as necesidades dos colectivos máis vulnerables. • Cada vez son máis as empresas que se implican en materia de conciliación, buscando a felicidade das persoas como algo primordial que incide directamente na produtividade, no éxito empresarial e na mellora da súa imaxe. Un ano máis, o auditorio de CaixaForum Madrid acolleu a VIII Gala de entrega dos Premios Nacionais Alares á Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral e á Responsabilidade Social. D. Javier Benavente Barrón, Presidente da Fundación Alares, foi o encargado de inaugurar o acto agradecendo a todos os asistentes o seu compromiso coa responsabilidade social, entendida desde dúas perspectivas: desde o traballo en materia de saúde laboral dentro do colectivo de persoas con discapacidade do noso país e desde a importancia da conciliación. Á súa vez, salientou que «A conciliación, ademais de ser un compromiso necesario, é unha oportunidade. Unha oportunidade para marcar a diferenza, para posicionarse fronte ao resto das empresas.» A conferencia inaugural correu a cargo de D. José Folgado, Presidente de Red Eléctrica, quen recalcou «que as empresas necesitan liderado, que consiste en honradez, innovación e visión estratéxica. Porén, para el, non se trata só de implantar sistemas que conten con este liderado e cunha tecnoloxía avanzada na empresa, senón que hoxe cómpre innovar e cómpre Responsabilidade Social, e que esta forme parte da xestión estratéxica da compañía». D. Mar Aguilera, na súa calidade de Secretaria do Padroado da Fundación Alares, leu o veredicto do xurado, salientando a calidade e profesionalidade das 365 candidaturas presentadas a estes premios, cun resultado final dun palmarés de primeiro nivel. Unha vez inaugurado o acto, procedeuse á entrega dos galardóns, na que D. Miguel Ángel García Martín, Director Xeral de Traballo Autónomo, da Economía Social e da Responsabilidade Social das Empresas, Ministerio de Emprego e Seguridade Social, foi o primeiro en desvelar e entregar os premios ás prácticas máis innovadoras na modalidade de empresas. Así mesmo, durante o acto tamén se contou coa intervención de D. Juan Pablo Lázaro Montero, quen fixo especial fincapé en que a «Responsabilidade Social aplicada ás empresas mellora a conta de resultados de calquera organización», e de Dña. Carmen Plaza, Directora de Igualdade de Oportunidades. A medida que avanzou a Gala, fóronse desvelando os premiados no resto das categorías. Na entrega de Galardóns contamos con destacadas figuras do panorama empresarial, como D. Juan Pablo Lázaro Montero, D. Juan José Jiménez, Dña. Ma Eugenia Girón Dávila, D. Juan José Guemes, D. José Manuel Morán, D. Bruno Bobone e Dña. Nuria Chinchilla. D. Roberto Leal, copresentador de Espejo Público, medio premiado na súa categoría, foi o encargado de pronunciar unhas palabras en representación de todos os premiados, sinalando que «detrás de calquera empresa hai persoas e, polo tanto, a conciliación debe ser entendida desde esa perspectiva, xa que un traballador feliz resulta beneficioso tanto para a empresa como para el mesmo». O compromiso A VIII edición dos Premios Nacionais Alares á Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral e á Responsabilidade Social superou un ano máis as expectativas dos anos anteriores. Estes premios, que contaron coa Presidencia de Honra de S.M. A Raíña Dona Sofía, poñen de relevo un ano máis a implicación das empresas, institucións, sociedade civil, directivos, medios de comunicación, programas audiovisuais, proxectos de innovación e ensaio, universidades, escolas de negocios e profesores e investigadores en materia de Conciliación e Responsabilidade Social. A sede de CaixaForum de Madrid foi o lugar escollido para reunir as máis de 500 persoas convidadas que asistiron á Gala de entrega dos Premios Nacionais Alares 2014, na que o capital humano e a Responsabilidade Social foron, como non podía ser doutro xeito, os grandes protagonistas. Proba diso é a calidade e creatividade dos proxectos, que configuraron un palmarés de primeiro nivel, cuxo nexo común é a competitividade e a sustentabilidade empresarial. Sen dúbida ningunha, a Fundación Alares volveu deixar constancia de que, despois de oito edicións, estes galardóns son xa todo un referente no ámbito social, económico e cultural do noso país. Ana García Lozano, xornalista e presentadora de televisión, foi a encargada de conducir maxistralmente a gala, que se clausurou co agradecemento de D. Javier Benavente e cunha conferencia de peche a cargo de Dña. Nuria Chinchilla, Patroa da Fundación Alares. Para máis información: Sara Carreño Responsable de Comunicación da Fundación Alares 91 275 05 55 scarreno@alares.es www.fundacionalares.es