España logra 42 medallas nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012

A selección española foi unha das grandes triunfadoras de Londres 2012. Cun total de 42 metais no seu palmarés, os deportistas do equipo paralímpico demostraron unha vez máis que son todo un exemplo de superación e valentía. En total conseguíronse 8 ouros, 18 pratas e 16 bronces, todos eles en categorías tan variadas como o atletismo, ciclismo, fútbol 5, xadrez, natación, tenis de mesa e tiro olímpico.

A selección española destacou nas modalidades de natación, cuxo equipo obtivo 22 metais (2 ouros, 11 pratas e 9 bronces), seguido do ciclismo (2 ouros, 2 pratas e 3 bronces), o atletismo (3 ouros e dúas pratas), o xadrez (1 ouro e 2 bronces), o tiro olímpico (1 prata) e o fútbol 5 (1 bronce).

Os Xogos de Londres 2012 destacaron por ser uns dos de maior nivel deportivo da historia. Ademais, a posta en escena e a calidade das instalacións situaron a capital inglesa entre os referentes do olimpismo.

Máis información aquí