Forética cumpre dez anos

A celebración deste aniversario comezou cunha reflexión sobre a evolución da RSC nos últimos anos e os principais fitos que a organización levou a cabo durante este tempo de existencia. Ademais, durante esta celebración tivo lugar a Asemblea xeral de socios de Forética, na que se ratificou a entrada de 25 novos membros nunha asociación dedicada a fomentar a cultura da responsabilidade social nas entidades. Con estas novas incorporacións, a asociación conta xa cun total de 241 membros. Pero ademais, durante a asemblea tivo lugar a renovación da Xunta Directiva. Os representantes elixidos na categoría de socios promotores foron Adif, Caja Navarra, Ferrovial, Gas Natural Fenosa, Grupo Fundosa, Grupo Norte e Sanitas; como socios entidade, MediaResponsable e Servimedia; na categoría de certificadoras, Bureau Veritas; Acción contra el Hambre como representante do grupo de ONG; e Félix Velasco en representación dos socios persoais. Despois desta asemblea celebrouse un obradoiro baseado en novos métodos para o diálogo coas partes interesadas, no que todos os membros traballaron e achegaron novas ideas para o futuro desta asociación. Os resultados deste obradoiro, Forética utilizaraos como folla de ruta para integrar a opinión dos seus socios na súa estratexia 2020, na que se está a traballar.