Establecer mecanismos de formación para os coidadores informais é a petición que o Senado lle esixe ao Goberno. Por iso, a Comisión de Sanidade e Política Social do Senado aprobou unha moción para mellorar a formación destes coidadores de persoas dependentes.
En concreto, solicitan que estes contidos formativos sexan admisibles conforme ao establecido na certificación de profesionalidade para a atención a persoas dependentes. É dicir, que a preparación dos coidadores non profesionais se axuste á formación profesional.
Ademais, a moción solicita que se asegure unha dotación económica para cada unha das comunidades autónomas co obxectivo de impulsar esta formación.


