A Fundación Alares imparte un obradoiro de habilidades sociais para persoas con discapacidade

Fundación Alares continúa impartindo os Obradoiros de Habilidades Sociais dentro do seu Programa «Obxectivo Emprego: Reforzo e Mellora das Habilidades Sociais para Persoas con Discapacidade». Trátase dun programa dirixido ao adestramento das distintas habilidades que permiten incrementar a competencia social e a adaptación a contornos laborais das persoas con discapacidade, coa finalidade de ampliar as súas oportunidades de emprego e/ou manter o emprego actual o máximo tempo posible.

O último obradoiro impartido (9 e 10 de outubro) estivo dirixido a un grupo de persoas con discapacidade intelectual: 13 participantes procedentes de varios centros ocupacionais da Comunidade de Madrid. A media de satisfacción do alumnado neste curso foi: MOI ALTA, segundo os datos recollidos a través do cuestionario de satisfacción do alumno/a, co obxectivo de lograr unha mellora continua.

A próxima semana impartiremos un novo obradoiro no Centro de Rehabilitación Laboral (CRL) de Alcorcón, dirixido a un grupo de participantes con discapacidade psíquica.

O material e os contidos deste ciclo de cursos, que rematará formando case 200 alumnos/as, están adaptados a cada tipo de discapacidade. Tendo en conta que moitos dos alumnos con discapacidade intelectual non teñen superado o nivel de lectoescritura, trabállase con materiais compostos por imaxes de sinxela comprensión, o que garante a participación de todo o alumnado, así como a correcta adquisición de coñecementos.

Máis información aquí