A Fundación FEDER e a Fundación Alares traballan unidas polas persoas con discapacidade

Mellorar a calidade de vida e o benestar das familias afectadas por enfermidades raras é un dos principios nos que se basea o acordo de colaboración entre Fundación Alares e Fundación Teletón FEDER para a investigación de enfermidades raras (Federación Española de Enfermidades Raras). A partir de agora, a Fundación conta cun novo socio institucional, xunto ao que tentará chegar ás persoas e familias que sofren illamento e soidade causados por patoloxías descoñecidas.

A Fundación FEDER quere deixar patente que aposta pola integración no mercado laboral como ferramenta para superar as patoloxías e adquirir a autonomía persoal que todas as persoas necesitamos. Neste sentido, a integración social e laboral das persoas con discapacidade é un dos principios nos que ambas as fundacións poñen máis esforzo, xa que é necesario que as organizacións vexan neste colectivo a posibilidade de seren máis competitivas.

Este convenio de colaboración supón para Fundación FEDER e Fundación Alares® un paso máis no desenvolvemento de iniciativas a prol das persoas. A partir de agora, ambas as organizacións compartirán sinerxías para poñer en marcha eventos e xornadas, ademais de realizar estudos e traballos relacionados coa calidade de vida das persoas.

Todos os proxectos e accións en común entre as dúas entidades levaranse a cabo a través dunha comisión conxunta, na que cada unha terá voz e voto.

Máis información aquí: http://www.fundacionalares.es