Javier Benavente e María Eugenia Girón participan no Caderno da Diversidade na Xestión Directiva

cuadernocede (1) Javier Benavente, presidente de Alares, e María Eugenia Girón, presidenta da Fundación para a Diversidade, participaron cos seus testemuños na elaboración do Caderno da Diversidade na Xestión Directiva. Javier Benavente pon de relevo a súa visión sobre a importancia da conciliación e da igualdade de oportunidades, valorando cales son as medidas imprescindibles para conseguir a conciliación real nas empresas. Á súa vez, explica cales son os servizos para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral que todo Plan de Conciliación debe contemplar. Pon de relevo a importancia do salario emocional na conta de resultados da empresa, explicando que, para traducilo en beneficios, é vital unha comunicación continua, permanente e axeitada. En materia lexislativa, para Javier Benavente, aínda que asistimos a avances importantes promovidos pola Unión Europea e por España en materia de igualdade e diversidade, as administracións deben seguir avanzando. Deben crear o contorno axeitado para que as empresas impulsen Plans Estratéxicos que atendan e acollan as diferentes diversidades, e faciliten os Plans de Conciliación adecuados aos seus cadros de persoal e ás súas realidades, facendo un esforzo especial nas pemes, pois elas agrupan máis do 85 % da forza laboral do noso país. En materia de xestión da diversidade, a presidenta da Fundación para a Diversidade, María Eugenia Girón, expuxo como a xestión da diversidade se converte na vantaxe competitiva na revolución dixital. Nun planeta cada vez máis pequeno, a internacionalización, a necesidade de dirixirse a clientes moi diversos en novos segmentos (demográficos, culturais… etc.) e o impacto das tecnoloxías están a xerar novos retos empresariais. Para María Eugenia, unha boa xestión da diversidade aumenta a probabilidade de que o equipo de traballo diverso comprenda mellor o consumidor final. En palabras da presidenta da Fundación para a Diversidade, nunha nova economía marcada pola revolución dixital, o activo máis valioso para unha empresa son as persoas e o máis escaso, o talento. O talento é a vantaxe competitiva fundamental para diferenciarnos no mercado. A boa xestión das diferenzas nos equipos convértese, máis ca nunca, nun activo intanxible da marca. Nunha sociedade cada vez máis diversa e cambiante, este valor permítelle a unha empresa atraer, recrutar, manter e motivar os mellores, os máis preparados, o mellor talento. Intervencións completas tanto de Javier Benavente como de María Eugenia Girón no Caderno da Diversidade na Xestión Directiva da Fundación CEDE, patrocinado por Repsol.