Juan Manuel Montilla, "El Langui", pronunciou onte o mellor discurso da Cerimonia de Entrega dos Premios Goya 2009. Divertido, irónico e, sobre todo, emotivo, "El Langui" conseguiu o aplauso máis solidario e merecido da noite. O actor recibiu o Goya ao “Mellor Actor Revelación” e o Goya á “Mellor Canción Orixinal” do cine español, pola película El truco del Manco, de Santi Zannou. Nela, interpreta a 'Cuajo', un payo axitanado con parálise cerebral, que non está disposto a quedar encerrado no círculo vicioso e na inercia da marxinación pola súa discapacidade. Ademais de actor, Juan Manuel Montilla é cantante do grupo de hip hop 'La Excepción', o mellor grupo español nos premios MTV Europa 2006.
Desde Alares® queremos felicitar a Juan Manuel Montilla polo seu traballo cinematográfico, pola súa capacidade de superación e pola valentía que demostrou ao interpretar un personaxe co que comparte os seus problemas de mobilidade. "El Langui" é un exemplo de que, a pesar de ser diferente, a discapacidade non é unha barreira insuperable.
Goya cara á superación persoal