Este programa preséntase ante a Administración Pública e a cidadanía como solución integral para a xestión e o tratamento das vítimas de violencia de xénero.
A solución consiste nun teléfono móbil BlackBerry, que axuda a evitar o estigma que adoitan asociar os dispositivos xa existentes e que permitirá ás forzas de seguridade localizar a vítima mediante mapas moi precisos. Trátase dun sistema que permite ás forzas de seguridade reducir os tempos de resposta e, polo tanto, mellorar considerablemente a seguridade das vítimas, axudándoas a elas e ás súas familias a vivir con máis tranquilidade.
Ademais dos avances técnicos, na solución presentada a un nutrido grupo de expertos na materia fíxose especial fincapé na necesidade de ofrecerlle á vítima unha cobertura de servizos sociais capaces de proporcionarlle máis calidade de vida.
Grazas a Alares®, as vítimas poderán contar cun servizo telefónico social ao que poderán chamar para solucionar calquera dúbida ou resolver unha situación de ansiedade, nerviosismo, tristeza… Este servizo está dispoñible as 24 horas, os 365 días do ano, e é ilimitado, de forma que a vítima pode estar máis tranquila. Igualmente, Alares® ofrece tamén servizos de consultas a médicos, avogados, dietistas e psicólogos… tanto para a titular do dispositivo como para a súa familia (fillos e pais). Por outra banda, e pensando no día a día das persoas, miAsistente é a solución perfecta para todas aquelas xestións que, debido á difícil situación pola que atravesan as vítimas de violencia de xénero, resultan un pouco complicadas de resolver.
Con este servizo, podemos dispoñer de telefarmacia, xestións administrativas, busca de recursos, canguros… Sen ningunha dúbida, recursos que queren ser a parte máis humana do proxecto.
Non obstante, non debemos esquecer que este proxecto conta coas empresas líderes do seu sector. Proba diso é que o dispositivo telefónico é BlackBerry, os mapas de localización son propiedade de Blom e o teleoperador é Orange.


