A igualdade é clave para o éxito

Mulleres traballadoras Igualdade, clave do éxito.Segundo diferentes estudos, menos do 30 % das mulleres ocupan postos de dirección.Non obstante, no ámbito da formación as mulleres superan en porcentaxe os homes.A súa vez, segundo o informe da UGT “Traballar igual, cobrar igual”, existen diferenzas significativas no que respecta ao salario. A diferenza entre o que gañan homes e mulleres en España por un traballo de igual valor, ao peche de 2012 situouse nun 23,93 %, a taxa máis alta dos últimos cinco anos. Isto fai que, para cobrar unha pensión da mesma contía, unha muller necesite traballar 11 anos e medio máis ca un home nun traballo de igual valor. Ademais destes datos do informe Presente e futuro das mulleres nos consellos de administración, 2015” con cifras pechadas a 31 de decembro de 2014, extráese que o ano 2014 rematou cun total de 79 conselleiras nas 35 empresas que integraban o Ibex a 31 de decembro, un 17,34 % dos 467 conselleiros Falamos entón de igualdade efectiva? A estatística oficial do Instituto da Muller recolle o número de homes e mulleres que cada ano solicitan unha excedencia para o coidado de familiares. Esta porcentaxe creceu entre as mulleres entre 2005 e 2008 nun punto porcentual. Se antes eran o 84 %, agora son o 85 %. En termos absolutos, en 2013 (último ano dispoñible), 5.703 mulleres solicitaron unha licenza para coidar de persoas dependentes (anciás ou enfermas), fronte a 989 homes. A diferenza é maior cando a excedencia é para o coidado dos fillos. Ese mesmo ano foron 26.497 mulleres as que a solicitaron, fronte a 1.541 homes. Estes datos son un exemplo para darnos conta de que, a pesar dos progresos realizados, a igualdade de mulleres e homes na vida cotiá aínda non é unha realidade. Na práctica, mulleres e homes non gozan dos mesmos dereitos. É unha cuestión de números. Están aí e temos que cambialos. A conciliación aquí é imprescindible. Aínda que demos pasos de xigante nesta materia, seguimos á cola en moitos aspectos. Moitas mulleres priorizan as súas carreiras profesionais fronte ás familiares. E isto non pode ser así. A conciliación non é cousa de mulleres, é cousa de homes e mulleres. A conciliación só pode funcionar se compromete por igual homes e mulleres. Debemos ter en conta que no mundo de hoxe e do mañá, unha auténtica igualdade de mulleres e homes constitúe ademais a clave do noso éxito económico e social. Sigamos apostando pola igualdade e pola conciliación.