Xa está aberta a convocatoria do Ministerio de Igualdade para a concesión do distintivo «Igualdade na Empresa». Con este selo de distinción empresarial preténdese recoñecer e distinguir as empresas que traballan pola igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes.
O prazo de presentación de solicitudes para conseguir esta distinción comezou o pasado 10 de abril e permanecerá aberto durante dous meses a partir dese día. Posteriormente, o Ministerio de Igualdade disporá de seis meses para resolver as solicitudes.
Para solicitar este recoñecemento, as empresas terán que presentar unha memoria na que expoñan as prácticas que levan a cabo en materia de igualdade. Entre outros aspectos, valoraranse a presenza de colectivos con dificultades de acceso ao emprego ou a situación das medidas de igualdade implantadas.
Ademais, a obtención deste distintivo de igualdade, que terá unha vixencia de tres anos, valorarase na adxudicación dos contratos coa Administración pública nos termos e condicións previstos na LOI.
Porén, as empresas ás que se lles conceda este selo de igualdade estarán obrigadas a remitir anualmente un informe no que se demostre que manteñen o nivel de excelencia en materia de igualdade.
“Igualdade na Empresa”