III Congreso AMADE e I Simposio Europeo Pro Care

O recinto feiral Juan Carlos I (IFEMA) acolle os vindeiros días 30 de setembro e 1 de outubro o III Congreso da Asociación Madrileña de Atención á Dependencia (AMADE) e o I Simposio Europeo Pro Care, dous encontros profesionais para o intercambio de experiencias na promoción da calidade de vida das persoas maiores. Expertos europeos, responsables políticos da Administración Pública e profesionais de empresas pertencentes ao sector xeroasistencial reuniranse durante dúas xornadas para debater e reflexionar sobre as boas prácticas na prestación de servizos ás persoas maiores en situación de dependencia e, ademais, mostraranse as últimas novidades na aplicación das novas tecnoloxías a produtos e servizos para persoas maiores. Ademais, durante o encontro celebraranse catro obradoiros para que participen os profesionais que traballan na atención directa ás persoas maiores (traballadores sociais, xerocultores, terapeutas…): Creación de comités éticos, Tratamento da dor, Uso de suxeicións e Protocolos como ferramenta de traballo na calidade da atención. AMADE celebrou recentemente o seu vixésimo aniversario, así como a gala dos I Premios Profesionais 2010, unha cerimonia na que estivo presente o Grupo Alares, xa que recibiu o Premio ao Mellor Proxecto Empresarial polo seu traballo no sector da dependencia e da axuda ás familias.