Máis de 160.000 persoas en risco de exclusión social, como inmigrantes ou persoas con discapacidade, participan nos programas de integración e emprego que a Cruz Vermella Española organiza para promover a inclusión laboral e evitar que se produza a desafiliación neste ámbito. Neste último ano, e como consecuencia da destrución de emprego nos traballos non cualificados que moitos inmigrantes ocupaban en España, as cifras de usuarios destes programas laborais aumentaron en 70.000. Desde Cruz Vermella consideran necesaria a busca continua de políticas de emprego para evitar a desmotivación destas persoas.
A través destes obradoiros, Cruz Vermella comprométese a reforzar a cualificación especializada das persoas inmigrantes para que poidan conseguir un posto de traballo. Pero ademais, tenta fomentar a diversidade cultural naquelas empresas coas que establece convenios de colaboración para a integración das persoas ás que forma neles.
Antonio Bruel, coordinador xeral da Cruz Vermella Española, aseguraba na última das xornadas do ciclo de almorzos que organizan a Fundación Alares® e EAE Business School que, para a inserción laboral, son fundamentais a información, a motivación e a creación de itinerarios persoais de acceso ao emprego.
Ata o momento, esta iniciativa está a lograr grandes resultados, pero aínda segue sendo necesaria a sensibilización social para lograr unha maior inclusión.
Antonio Bruel foi un dos relatores da conferencia «A inmigración e as oportunidades para a competitividade económica», enmarcada dentro do ciclo de almorzos que a Fundación Alares® e EAE Business School puxeron en marcha o pasado mes de novembro. Nela tamén participaron Agustín Torres, director xeral de Inmigración do Ministerio de Traballo e Inmigración, e Joaquín Arango, catedrático da Universidade Complutense e especialista en migracións.
A inclusión é o obxectivo clave