Celebrada en Mérida, a iniciativa “España integrACTÚA” invadiu o centro cultural da Alcazaba cunha gala e unha exposición de curtametraxes, anuncios, reportaxes fotográficas e música, que tiveron como obxectivo informar e sensibilizar a cidadanía sobre a importancia de fomentar unha sociedade que garanta a igualdade de condicións para todas as persoas.
Todos os proxectos culturais presentados son propostas artísticas e audiovisuais desenvolvidas durante 2009 no marco do proxecto europeo “A favor da inclusión social, integrACTÚA” por diferentes sectores sociais: cinematográfico, publicitario, ONG, sindicatos, académico e persoas en situación de exclusión social.
A exposición, inaugurada o pasado 29 de xuño, permaneceu aberta ata o dous de xullo, día no que se celebrou a gala. En ambas as citas, entregáronse as guías gratuítas “Claves sobre a pobreza e a exclusión social en España” e “Ante a pobreza e a exclusión social, que podo facer eu?”.
Este proxecto contou co financiamento do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Loita contra a Discriminación 2007-2013.
Inclusión social a través da arte