Informe Forética 2011

Onte Forética presentou a quinta edición do seu informe sobre a evolución da responsabilidade social en España, un acto que contou coa participación de Ramón Jáuregui, ministro da Presidencia e patrón da Fundación Alares. Este informe, que se vén elaborando desde 2002, avalía o grao de implantación e desenvolvemento da RSE nas empresas do noso país. Durante a presentación expuxéronse as conclusións máis relevantes deste estudo, como, por exemplo, o impacto que está a xerar a crise nas prácticas de RSE ou como se están a adaptar as organizacións ás novas necesidades sociais. Na súa intervención, Ramón Jáuregui explicou que, se as empresas queren sobrevivir nun mundo globalizado, «deben renovar o seu contrato coa sociedade». Segundo defendeu o propio Jáuregui, unha cultura da RSE ben entendida proporciona «o grao de excelencia necesario para ter a competitividade que esixe o mundo globalizado». Neste sentido, Jáuregui mostrouse defensor das políticas de RSE porque axudan as compañías a ser sustentables e competitivas, algo que demanda o «mundo globalizado, esixente, dinámico e flexible que é agora o terreo de xogo das empresas».