Javier Benavente Barrón, Presidente de Alares, da Fundación Alares e da Fundación para a Diversidade, foi galardoado nos Premios Solidarios MDE 2014, na categoría de «Home que máis apoia as mulleres».
A gala de entrega de premios celebrouse o pasado venres 17 de outubro en Madrid, no marco dunha cea benéfica organizada pola Asociación Mujeres para el Diálogo y la Educación.
Despois de recoller o galardón, moi agradecido polo recoñecemento outorgado, dedicou unhas palabras ás persoas asistentes, destacando en primeiro lugar que el só é a suma de todas as persoas que están a traballar para apoiar as mulleres. Tamén declarou que as mulleres teñen que facer fronte a difíciles obstáculos para alcanzar a súa ambición de vivir unha vida digna na que se integren perfectamente os seus roles profesional, persoal e familiar. En palabras de Javier Benavente, para poder conseguir unha plena integración e harmonía, é necesario dar paso a un novo concepto de éxito que comprenda liberdade e flexibilidade nas culturas corporativas e nas estruturas sociais.
Finalizou a súa intervención destacando que as mulleres avanzaron moitísimo no que se refire á súa inserción no campo laboral, pero aínda é necesaria unha maior corresponsabilidade entre homes e mulleres e que asuman unha posición de maior liderado nas súas respectivas organizacións. Nun mundo xeralmente dominado polos homes, e dadas as circunstancias actuais que requiren medidas e cambios urxentes para unha nova reordenación mundial, as mulleres van desempeñar un papel fundamental, que contribúa a conseguir no futuro mellores organizacións e, en definitiva, un mundo mellor.
Unha traxectoria marcada pola aposta pola calidade de vida das persoas
Toda a traxectoria do Presidente de Alares está marcada por unha aposta firme e clara: que todas as persoas, sen distinción, con independencia do seu nivel social, económico, condición física, idade ou lugar de residencia, xa sexa en contornos rurais ou urbanos, dispoñan de acceso a servizos de asistencia persoal, familiar e profesional que lles permitan conciliar a súa vida persoal e profesional, gozar da vida e ser máis libres e independentes no seu día a día, grazas á mellora da súa calidade de vida e a da súa familia, así como das súas posibilidades de desenvolvemento profesional.
Esta traxectoria foi a que levou o xurado a seleccionar Javier Benavente para ser premiado nesta categoría.
No resto das categorías foron premiadas Dª Mª Teresa Fernández de la Vega, Presidenta da Fundación Mujeres por Africa e exvicepresidenta do Goberno, na categoría de «Mulleres que cambian o mundo»; a Revista YO DONA, na categoría de «O medio de comunicación máis solidario coas mulleres»; GRUPO MAHOU-SAN MIGUEL, na categoría «A empresa en feminino plural»; e na de «A institución máis comprometida coa muller», o premio foi para o OBSERVATORIO DE IGUALDAD DE LA FUNDACIÓN ONCE.
Despois da entrega dos galardóns, celebrouse a VIII Cea Benéfica Internacional, un evento que contou cunha rifa para recadar fondos para os distintos proxectos que desenvolve Mujeres para el Diálogo y la Educación, encamiñados a mellorar a vida de mulleres vulnerables maiores de 45 anos.
O xurado dos PREMIOS SOLIDARIOS MDE 2014 reuniuse o pasado 9 de xullo e estivo formado por Giovanna G. de Calderón, xornalista e Presidenta de MDE; Domitila Barbolla, avogada e Secretaria Xeral de MDE; Carmen Quintanilla, deputada do Grupo PP e Presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso; Rosa Aguilar, deputada do Grupo PSOE e exministra de Agricultura; Rosa Villacastín, xornalista e escritora; Natalia Escalada, xornalista; Ana Lamas, empresaria e Presidenta de WomenCEO; David Aragón González, empresario; José María Pardeiro, avogado especializado en dereitos humanos; e Beatriz Gil, avogada e socia de MDE.
Javier Benavente Barrón, Premio Solidario MDE 2014