A elección de Os + Influentes en Recursos Humanos é unha iniciativa pioneira posta en marcha por RRHHDigital.com, que celebra a súa cuarta edición. Nela convídase os seus lectores a votar para elixir a persoa máis influente dos recursos humanos en España no ano en curso. Javier Benavente Barrón, presidente de Alares, foi seleccionado dentro do grupo de finalistas do mundo dos + influentes en RR. HH. Entra e vota, premendo aquí. O equipo de RRHHDigital.com selecciona cada dous anos un grupo de finalistas dentro do mundo dos RR. HH. Este ano foron escollidos 350 finalistas seguindo os seguintes criterios:
- Aparicións en medios de comunicación de carácter xeral.
- Aparicións en medios de comunicación especializados.
- Intervencións en eventos profesionais, seminarios, mesas de debate, relatorios, etc.
- Achegas editoriais ou técnicas en medios de comunicación especializados.
- Implantación de boas prácticas empresariais en materia de recursos humanos.
- Implantación de políticas socialmente responsables en materia de recursos humanos.
- Creación, proposta ou implantación de medidas que xeren emprego en España.
- Outros recoñecementos ou logros profesionais obtidos.
A gala de entrega das candidaturas celebrarase o vindeiro 26 de maio de 2015.


