Kyle Maynard ensinounos como se supera un gran reto. Un home que non ten nin brazos nin pernas converteuse nun deportista de elite e ensinounos que se pode chegar moi lonxe coa súa discapacidade. O mozo demostrounos o ben que se manexa cun móbil táctil. Mainard é campión de loita libre e subiu o Kilimanjaro.
O último reto conseguido por Kyle Maynard foi escalar, sen a axuda de próteses, o Kilimanjaro, considerado o punto máis elevado de África, con 5.895 metros de altura. Con esta última fazaña quixo demostrar que non hai obstáculos o suficientemente grandes como para impedir conseguir o que te propós, e lanza unha mensaxe de optimismo e superación a todas as persoas con discapacidade.
Máis información aquí.


