Para moitas organizacións, xestionar unha baixa por maternidade supón todo un reto á hora de organizar o traballo e os equipos humanos. Desde Alares Empleo ETT queremos que a busca e selección do novo profesional que vai desempeñar ese posto de traballo se traduza nunha oportunidade para cumprir coa LISMI (Lei de Integración Laboral de Persoas con Discapacidade).
Alares Empleo ETT encárgase de seleccionar o perfil que a empresa necesita, contrátao e xestiona o cumprimento da LISMI. De aí que as organizacións poidan optar por cubrir as súas baixas por maternidade cunha fórmula moito máis competitiva e, desde logo, moito máis eficaz.


