Se queremos que o noso cliente volva unha e outra vez á nosa marca, é necesario darlle algo que vaia máis alá e que chame a súa atención. Nesta publicación dámosche os 5 mellores consellos para que convertas a túa carteira de clientes nunha tribo de adeptos ata o final dos seus días:
Sensibilidade
As persoas móvense por sentimentos, así que o mellor é que a túa marca chegue ao corazón e quede alí para sempre. Por iso, debes facer medrar o teu produto a través de servizos para coidar das persoas no seu día a día.
Diferenciación
Fai que o teu produto sexa diferente, engadíndolle beneficios orixinais que nunca antes ofrecera ninguén. O valor de estar presente en todos os momentos da vida dunha persoa é o que fará da túa marca algo realmente novidoso.
A experiencia
Se queres fidelizar de verdade, proba a ofrecer servizos que se poidan experimentar calquera día: coidado de nenos, pasar o ferro a domicilio, chofer particular, telefarmacia… Unha vez que os probaron, non quererán vivir sen eles.
Enxeño
Un produto enxeñoso vale por dous. Así que atrévete a engadirlle á túa marca cousas que nunca te propuxeras facer. Se o teu cliente ve que tes un asistente persoal para atendelo calquera día do ano, triunfas si ou si.
Emociona Rodea os teus produtos e servizos de variables emocionais que os fagan competitivos. Este aditivo pode engrosar a túa carteira de clientes.


