A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois premia a Fundación Alares

O galardón certifica o esforzo levado a cabo para mellorar a calidade de vida e a competitividade empresarial

Madrid, 1 de decembro de 2008-. A Fundación Alares, encargada de impulsar iniciativas para a mellora da calidade de vida das persoas e da competitividade empresarial, foi galardoada pola Comisión Nacional no seu último Congreso, celebrado en Tarragona o pasado 19 de novembro. Todas as iniciativas levadas a cabo pola Fundación Alares® están encamiñadas a promover a Igualdade de Oportunidades e a non Discriminación, a Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal, a Xestión Integral da Dependencia, a Integración da Inmigración, a Diversidade, como fonte de riqueza social e empresarial, e a influencia positiva de todo isto na Competitividade Empresarial e Social. A Comisión Nacional creou os Premios co obxectivo de recoñecer aquelas empresas polo traballo e a posta en marcha de iniciativas e experiencias prácticas dirixidas á Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal. Non debemos esquecer que esas pautas tamén deben ter en conta a produtividade no traballo, a igualdade entre as persoas e, sobre todo, dar un maior valor ao tempo. Xunto coa Fundación Alares, recibiron o premio o diario La Vanguardia e Iberdrola.

Sobre a Fundación Alares

Inscrita no Rexistro de Fundacións Asistenciais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a Fundación Alares® naceu para canalizar e dar continuidade a un conxunto de actividades que viña realizando o Grupo Alares® e que responden á súa preocupación por equilibrar, solidaria e institucionalmente, as demandas de protección social e de benestar da cidadanía. A Fundación Alares® ten como obxectivo a investigación, a achega e o desenvolvemento de propostas e solucións para as novas necesidades do século XXI, entre as que a promoción e integración laboral das persoas con discapacidade, a igualdade de oportunidades e a erradicación de calquera discriminación, a atención á dependencia, a conciliación da vida familiar e laboral, a integración dos fluxos migratorios e da multiculturalidade, así como a sustentabilidade, especialmente no relativo á cohesión social e á competitividade económica, son os retos máis acuciantes da vida colectiva. Para iso, a Fundación realizará estudos, proxectos de investigación, debates, conferencias, seminarios, premios e accións formativas que contribúan a satisfacer as novas demandas cidadás e á creación e desenvolvemento de novas oportunidades e fontes de emprego, de maneira que se dea resposta ás novas necesidades sociais e empresariais. Así mesmo, a Fundación promoverá a concesión de bolsas e axudas económicas para todas aquelas actividades que contribúan ao obxectivo previsto. A súa finalidade é, polo tanto, impulsar e colaborar en iniciativas encamiñadas á mellora xeral das condicións de vida das persoas e ao fomento da competitividade económica e da responsabilidade empresarial e institucional. (*) O Padroado, constituído baixo a Presidencia de D. Javier Benavente Barrón, Presidente de Alares®; e de D. José Manuel Morán Criado como Secretario Xeral, está integrado por un nutrido grupo de personalidades do mundo da política, da empresa e da universidade: Dª Blanca Clavijo Juaneda, Presidenta da Asociación Nacional do Alzheimer AFALcontigo; Dª Nuria Chinchilla, Profesora e Directora do Centro Internacional de Traballo e Familia IESE-UNIVERSIDADE DE NAVARRA; Dª María Ángeles Durán Heras, Catedrática de Socioloxía e Profesora no CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas); D. Ignasi Farreres Bochaca, Presidente do Centre d’Estudis Economics i Socials; D. Felipe Fernández-Atela, Presidente de DEUTSCHE TELEKOM España; D. José Folgado Blanco, (Alcalde do Concello de Tres Cantos); D. Ramón Jáuregui Atondo, (Secretario Xeral do Grupo Parlamentario Socialista do Congreso dos Deputados); José María Jordá Poyatos, Secretario Xeral da Confederación Española de Directivos e Executivos –CEDE e Asociación Española de Directivos – AED; D. José Manuel Machado Alique, Presidente de Ford España; D. Fernando Moreno Piñero, Director de Relacións Laborais de CEOE (Confederación Española de Organizacións Empresariais); D. Juan Antonio Sagardoy Bengoechea, Presidente de SAGARDOY ABOGADOS; e Dña Alicia Granados, Presidenta de FORÉTICA. Para máis información: Natalia Fuentes Directora de Marketing e Comunicación de Alares® 91 275 05 55 E-mail: nfuentes@alares.es María Vaz Departamento de Comunicación de Alares® E-mail: mvaz@alares.es