O pasado 3 de febreiro celebrouse en Cádiz o Cumio Europeo de Ministras, que concluíu coa adopción dunha declaración política, a «Declaración de Cádiz», que chama os gobernos que conforman a Unión Europea a derrubar os obstáculos que impiden a plena integración das mulleres no ámbito laboral e social. O obxectivo non é outro que crear así «unhas sociedades máis xustas, máis iguais, máis inclusivas e máis eficientes».
Esta reunión, inaugurada pola ministra de Igualdade de España, Bibiana Aído, pola vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, e pola ministra para as Mulleres e a Igualdade do Reino Unido e presidenta da Cámara dos Comúns, Harriet Harman, encádrase dentro das iniciativas que a Presidencia española da Unión Europea puxo en marcha para impulsar a igualdade na axenda política de Europa.
A plena incorporación das mulleres en todos os ámbitos é necesaria porque, tal como asegura Aído, «non podemos pretender unha sociedade moderna e avanzada dándolle as costas á incontestable realidade dun enorme capital humano desaproveitado e dunha metade da poboación insuficientemente representada». Ademais, Aído quixo resaltar que este cumio debe supoñer «o impulso definitivo para alcanzar a participación equilibrada das mulleres nos órganos políticos, democráticos e tamén nos poderes sociais en xeral». E é que os datos mostran que só o 25 % dos parlamentarios nacionais europeos son mulleres, e só 7 dos 27 Estados membros contan cunha porcentaxe de parlamentarias superior ao 30 %.
Tamén quixo resaltar nesta reunión a ministra de Igualdade a creación da nova Axencia das Nacións Unidas sobre a Muller, que considera «un instrumento idóneo para estar á altura dos obxectivos formulados», xa que reflicte «que os dereitos das mulleres non coñecen fronteiras e o seu recoñecemento, desenvolvemento e exercicio teñen que estar asegurados en todo o mundo».
A «Declaración de Cádiz» fai un chamamento á plena participación da muller en todos os ámbitos