Xa podemos gozar en Madrid da exposición «Con Outra Mirada», organizada pola Confederación Española de Organizacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (FEAPS). A mostra percorre a historia de como evolucionaron ata os nosos días os dereitos humanos das persoas con discapacidade intelectual, un camiño que non foi nada doado e no que aínda queda moito por percorrer.
Desde a Fundación Alares queremos animar a todos os madrileños a que visiten o Centro Cultural La Corrala, da Universidade Autónoma de Madrid, e vivan de primeira man a experiencia e as dificultades doutras persoas que non teñen as mesmas oportunidades ca a maioría.


