A discapacidade tamén presente en Pirena 2011

O madrileño Agustín González, afeccionado ao deporte de aventura e aos cans, participa por segundo ano consecutivo na Pirena 2011. A súa discapacidade, adquirida por unha lesión medular en 1985 tras un accidente de coche, non lle impediu competir nesta carreira que lle apaixona. Agustín compite xunto con Jorge Ruiz, un cántabro que confesa que «o gusanillo da competición compénsase coa experiencia de convivir 15 días cunha persoa con discapacidade e de gozar dos Pireneos». Mentres que Jorge, que xa disputa a súa décimo sétima carreira, fai de piloto ou musher dun trineo tirado por entre 6 e 12 cans, Agustín, debutante en 2010, fai de contrapeso e axuda nas subidas cuns bastóns telescópicos. Na carreira percorreranse 313 km durante 15 días, nos que ascenderán ata os 2.500 metros pasando por pistas de esquí vermellas e negras.