A discapacidade xa se mide igual para todas as persoas

A partir de agora, calquera persoa con discapacidade ou dependencia poderá ser avaliada segundo as mesmas premisas, viva onde viva. Isto significa que, independentemente da comunidade autónoma, o baremo para medir o grao de discapacidade será o mesmo en toda España. Polo tanto, todos estamos en igualdade de condicións á hora de solicitar a axuda dun profesional.

Esta modificación da norma é realmente importante porque, ademais, se elimina a obriga de indicar o tipo de discapacidade física, psíquica ou sensorial no certificado do grao de discapacidade e, polo tanto, gozamos de moita máis privacidade.

En Alares Social, Centro Especial de Emprego, estamos moi contentos con estes cambios porque achegan moito máis as persoas con discapacidade á sociedade e facilitan deste xeito a integración laboral real deste colectivo.